Alcumes Clásicos (nados antes de 1950).

V.

 

Vaca, o (Chapela)

 

Vaca, Pepe la (Redondela): Porque levaba unha vaca a pastar.

 

Vaca de Amaro (Esfarrapada-Redondela)

 

Vacaloura (A Formiga-Cedeira):

 

Vaca que rie, la (Redondela): Recibe o nome dunha marca de queixos pola súa forma de rirse e a súa corpulencia.

 

Vacas, os (Vilar): Porque tiñan unha vaca.

 

Vaca Vella (Asnelle-Reboreda)

 

Vaginera, la (Cesantes): Adicábase ao estraperlo (contrabando) e agochaba as cousas nos baixos.

 

Vai bo sol (Reboreda)

 

Vaibosoles, os (Cesantes)

 

Vaina (Reboreda): Estivo emigrado en Venezuela e empregaba a miúdo esta palabra.

 

Valente (Reboreda)

 

Valente (Cedeira)

 

Valerias (Chapela)

 

Válgame dios (Chapela)

 

Valvulina, Niceto (Redondela): Porque vendía por litros a valvulina para as caixas de cambio.

 

Vanos, os (Reboreda)

 

Vaqueiro, o (Vilar)

 

El Vaquero y la Dama (Redondela): Era o nome dunha película. Era un home que estivera emigrado en Brasil e que sempre paseaba cun sombreiro branco collido da man da súa noiva.

 

Varillas (Cesantes): Por ser delgado e ter as pernas como varillas.

 

Vasco, el (País Vasco/Redondela): Antigo alcalde de Redondela que naceu no País Vasco.

 

Vasco, el (País Vasco/Reboreda): Lugar de orixe. Tiña unha empresa en Vigo que fabricaba unas cociñas de ferro coñecidas como “cocinas bilbaínas”.

 

Vasco. Persoa con problemas psíquicos, detido en diferentes ocasións na década dos 80, debido ao seu carácter violento.

 

Vasco, Tonio (Redondela): Viviu moitos anos en San Sebastián.

 

Veiga da porta (O Viso)

 

Velas, o (Chapela)

 

Velero, Vicente (Redondela): Porque tiña unha gabardina que, cando se enchía co vento, semellaba un barco velero.

 

Vellorra (Cesantes)

 

Veneno (Fortóns-Cedeira): Polo seu mal humor.

 

Veneno (Cesantes)

 

Ventanita

 

Ventiño, o

Vento, os do (Ventosela)

 

Ventureira, a (Cesantes)

Venturicha (Saxamonde)

 

Venturiña, a (Cesantes)

 

Veranillo: Era caluroso.

 

Verbas, o (Redondela): Adoitaba dicir: “Vou dicir unhas verbas”.

 

Verdura (Redondela)

 

Vergallo (Chapela)

 

Verica

 

Veterinarias, as (Vilavella): Fillas dun veterinario.

 

Vevi

 

Vexairas (Quintela)

 

Vía, da

 

Viaghantas (Monforte/Redondela): Porque viaxaban moito, probablemente a Monforte.

Viascóns (O Viso)

 

 

 

Vicario, o (Aguas santas/Vilavella): José Sátiro párroco de Vilavella nos anos 30-40, por ser esta parroquia vicaría dependente da de Redondela.

 

Vicoreta (Chapela)

 

Vicoretas (Chapela)

 

Victorioso (Espinosa de los Monteros (Burgos)/Redondela): Por chamarse Víctor.

 

Vidorra (Saxamonde)

 

Vigués, o (Vigo/Redondela): Por ser de Vigo.

 

Vila, María da (Redondela): Por ser da vila.

 

Vilana

 

Vilela, o (¿?/Illa San Simón-Cesantes)

 

Vilo

 

Vinagre (Redondela): Polo seu mal carácter xogando ao fútbol.

 

Vinieron las lluvias (Redondela): Por mercar un traxe fóra do común puxéronlle o nome dunha película que estaban proxectando no cine.

 

Vintoricho (Negros)

 

Viola (Quintela)

 

Viralatas

 

Viricas (Redondela)

 

Visita (Chapela)

 

Vitero (O Viso):

 

Vitirinario, o (Cedeira): Profesión.

 

Viuda (Chapela)

 

Viudas, as (Redondela)

 

Viudos (Cesantes)

 

 

Vixigas

 

Vizcaya (Cesantes)

 

Voces

 

Vozka, Telmo (Reboreda): Pola súa afección por esta bebida.

 

 

 

Autor: Juan Migueles

 

Escribir comentario

Comentarios: 0