Alcumes Clásicos (Nado antes de 1950)

 

Parroquia de Redondela

 

 

 

A

 

 

 

Abadesa (Vilavella): Era a abadesa do Covento da Orde das Xustinianas de Vilavella.

 

Abana (Redondela)

 

Abd El Krim (Redondela): Polo seu mal xenio.

 

Acheiro (Redondela)-(S. XIX)

 

Agapitos, os (Zamora/Salgueiral-Vilavella): Nome do patriarca.

 

Aguas (Redondela)

 

Ajediñas (Redondela

 

Alcaldesa, a (Redondela): Muller do alcalde que manda máis que el.

 

Aldeano (Redondela) (S. XVII)

 

Alemana (Redondela): Non se lle entende ao falar.

 

Allá los chicos (Redondela)

 

Almanzor (Esfarrapada-Redondela)

 

Andaluzas, las (Redondela): Irmás procedentes de Xaén.

 

Ansias (Redondela): Era vago.

 

Anuncias, as (¿?/Redondela): Eran dúas irmás unha das cales se chamaba Anuncia.

 

Aparecido, el (Redondela): Ourensán que abriu unha taberna cando estreaban “El aparecido” nun cine da vila.

 

Apura, Juana (R. Plata-Redondela)

 

Aquilina, a (Redondela)

 

Arañol, os do (O Muro-Vilavella): Por vivir no, xa desaparecido, “Muíño do Arañol”.

 

Arbitrios, Pepe de (¿Pontecaldelas?/Reboreda): Era Vixilante de arbitrios. (Tamén Cabeza de plata).

 

Ardeiro (Sta. Mariña-Redondela)

 

Arica (Redondela)

 

Arosa (Redondela):

 

Asco de home (Redondela): Por empregar esa expresión a miudo.

 

Asentador (Porriño / Vilavella-Redondela): Asentaba as travesas da vía do tren.

 

Asturiano, Paco el (Redondela): Viviu en Asturias.

 

Asturiano, Pepe el (Asturias/Redondela): Nacido en Asturias casou cunha muller de Redondela.

 

Aupa (Redondela)

 

Azucenas (Redondela)

 

 

 

B

 

Baba, Rita a (O Muro-Vilavella)

 

Babito (Redondela)

 

Bacio (Vilavella-Redondela)

 

Badumba (Redondela)

 

Balados, os (O Muro-Vilavella): Dúas irmás apelidábanse Balado e ó casar o apelido convertiuse no alcume dos seus homes.

 

Bala Roja (Arcade-Soutomaior/Redondela): Rápido e loiro xogou ao futbol en Redondela.

 

Balaustre (Redondela)

 

Balchirras, Manolo (Redondela)

 

Baldeiro, o (Redondela)

 

Baldomero (Redondela): Nome do seu pai.

 

Bambi (Redondela/Ribeira)

 

Bárbaros (Redondela): Porque, fixeran o que fixeran, o seu pai dicía que eran bárbaros (bos).

 

Barba rusa (Redondela)

 

Barbas, Manolito (Redondela): De mozo pedíu que o afeitasen na barbería que había a caron da súa casa, e os catro pelos da barba saíanlle con máis forza que os outros rapaces do seu tempo.

 

Barbas (Redondela): Por ter barba.

 

Barberito (Redondela)

 

Barbicas (O Salgueiral-Vilavella)

 

Bareco (Redondela)

 

Barriguiña (Redondela)

 

Barriguitas, Nardo (Redondela):

 

Barriguti (Redondela)

 

Baturro (Redondela)

 

Becha, a (Redondela)

 

Becquer (Redondela)

 

Bedrines (Redondela)

 

Belgas (Redondela): Porque traballaban coma belgas (traballaban moito).

 

Belorcio (Vigo/Redondela): Por ser pequeño e andar con chulería. Belorcio era o nome dunha personaxe cómica do cine mudo.

 

Bichiña (Esfarrapada-Redondela)

 

Bichobravo (Redondela) (S.XIX)

 

Bichoca (Esfarrapada-Redondela)

 

Bilbasa, a (Redondela): Derivado do seu apelido, Bilbazo.

 

Binitouco (Redondela)

 

Biquillos, Bernardo (Redondela)

 

Biricas (Redondela)

 

Bis bis (Redondela): Peluquero que dixo: “acabo logo o peinado que quero ir ó bis bis”. O bis bis era unha ruleta que facía un ruído metálico ó xirar.

 

Biscoiteira, a (Redondela) (S. XIX): Fai referencia ó seu físico, doce.

 

Bisté, Juanito (Redondela)

 

Bixairo (Redondela)

 

Bixeredo (Redondela)

 

Bizcochera, Juana (Redondela) (S. XIX)

 

Blandina (Redondela)

 

Bocatorta (Redondela)

 

Bocavella (Redondela) (S. XIX)

 

Bodelo (Redondela)

 

Bodero (Redondela)

 

Boi do Canudo (Redondela): Era tan forte que cando faltaban os bois chamábano a el.

 

Bola, Nito e Moncho (Redondela): Por ser netos de Bola de pez.

 

Bola de pez (Redondela): Por ser zapateiro e empregar a bola de pez no seu traballo.

 

Boludo (Redondela)

 

Boquete (Redondela): Por ser homosexual. Tamén chamado Pai dos pobres.

 

Boquita (R. Plata- Redondela): Por ter a boca grande.

 

Borrombas, as (Redondela):

 

Brasileiros, os (Redondela): Un destes irmáns estivera emigrado no Brasil.

 

Breme (Redondela)

 

Brodio (Redondela)

 

Bruxas, o (Redondela): Nome dado polos camioneiros a un empresario que trataba mal aos seus empregados.

 

Bruxo (Esfarrapada-Redondela)

 

Bucio (Redondela)

 

Buenísimo (Vigo/Redondela): A súa muller sempre dicía que era “buenísimo”.

 

Buffalo Bill (Redondela): Tiña bigote e sempre levaba sombreiro como a famosa personaxe.

 

Bultitos, Jito (Redondela): Por ter uns bultos nun brazo.

 

Bullo (Redondela): Da familia dos garavillo, este alcume derivou en garabullo e de aí a bullo.

 

Burro (O Muro- Vilavella)

 

Burro é (Redondela): Por empregar a miúdo esa expresión.

 

 

 

 

 

C

 

 

 

Cabaleira, a (Sta. Mariña-Redondela)

 

Cabaleiros-as, os/as (Sta. Mariña-Redondela): Caso de apelido convertido en alcume.

 

Cabalete (Redondela)

 

Caballo chiquito (Redondela): Estivera emigrado en Arxentina e ó ver o cabalo de Seijas dixo: “¡Qué caballo más chiquito!”

 

Cabalo (Redondela)

 

Cabao (Redondela)

 

Cabeza de Lavadouro (Castela/Redondela): Por ser feo.

 

Cabezo I (Redondela):

 

Cabezo II (Redondela):

 

Cabezón (Redondela)

 

Cabilla (Esfarrapada-Redondela)

 

Cabo de mar (¿Marín?/Redondela): Chegou a Redondela co cargo de Cabo da Mariña.

 

Cabrito, Paquito (Redondela): Fillo de Maruja a dos Cabritos. Tamén chamado Miríngolas.

 

Cabritos, Maruja a dos (Redondela): Mataba ós cabritos.

 

Cabronas, as (Redondela):

 

Caca (Redondela)

 

Cacá (Redondela)

 

Cacahuet (Redondela)

 

Cacallasco (Esfarrapada-Redondela)

 

Cacaracá (Redondela)

 

Cachambú (Toén (Ourense)/Redondela)

 

Cachapo (Redondela)

 

Cacharela (Esfarrapada-Redondela)

 

Cacharelo (Redondela) (S. XIX)

 

Cachiñas (Marín/Redondela)

 

Cachola, a (Redondela)

 

Cachorra, Carmiña a (Redondela)

 

Cachorro (Esfarrapada-Redondela)

 

Cachorro, os do (Reboreda)

 

Cachudo (Esfarrapada-Redondela)

 

Cadilla (A Guarda/Redondela)

 

Caga por tú (Redondela)

 

Cagarría (Redondela): Por empregar a miudo a expresión “Ti es un cagarría”

 

Cagín (Redondela)

 

Cagona (Redondela)

 

Caimán, o (Redondela):

 

Caín, Mingos (Redondela)

 

Cairo, El (Redondela) (S. XIX): Nome da propiedade familiar. O alcume chegou ata os nosos días.

 

Caixas, Pepe o das (Redondela): Facía as caixas de difuntos.

 

Caja luras (Redondela)

 

Caja no paniño (Vilavella)

 

Cajeiro, Olimpio (Esfarrapada-Redondela)

 

Cajetilla, Faustino (Redondela): Por ser delgado.

 

Calacú (Redondela)

 

Calazas, o (Redondela)

 

Caldereta (Redondela)

 

Caldereta, Santi (Redondela)

 

Calderilla (Esfarrapada-Redondela): Sempre tiña moita calderilla no bolsillo.

 

Calderillas (Redondela)

 

Caldo quente (Redondela)

 

Calela (Redondela)

 

Calele, a (Esfarrapada-Redondela): Era mariscadora.

 

Caletro (Esfarrapada-Redondela)

 

Cali (Sta. Mariña-Redondela)

 

Calía (Redondela)

 

Callatas, as (O Muro-Vilavella):

 

Callito, Telmo (Redondela):

 

Callu (Esfarrapada-Redondela)

 

Calucho (Redondela)

 

Calvaria, a (Esfarrapada-Redondela): Derivado do apelido Calvar.

 

Camacho (Vilavella)

 

Camarada, os (Esfarrapada-Redondela)

 

Camaranas (Redondela)

 

Camisas (Redondela)

 

Campanera (Vilavella): Gritaba demasiado.

 

Campanero (Redondela): Por ser monaguillo e tocar as campás.

 

Campante (Redondela)

 

Campo, Teresita la del (Redondela): Vivía no Campo das Redes.

 

Canabao (Redondela)

 

Canastreira, a (Redondela)

 

Canastrero (Redondela)

 

Candila, María a (Redondela)

 

Candilla (Redondela)

 

Canela (Redondela)

 

Canetas (¿?/Redondela)

 

Canete, Constante (Redondela)

 

Cangueira (Redondela): Nacida en Cangas.

 

Canibao (Redondela)

 

Canó (Redondela)

 

Can sin dono (Redondela): Por ser un político “cambia chaquetas”.

 

Cantadora (Redondela)

 

Canteiro, Tino o (Redondela): Era o seu oficio.

 

Cantinflas (Adro-Redondela)

 

Cantinflas (Redondela)

 

Cantoneiro (Vilavella):

 

Cañonazo (Vilavella)

 

Capelo (Redondela)

 

Capona (Redondela): Muller de Capón (apelido).

 

Capone (Redondela): Por levar sempre un sombreiro como o mafioso Al Capone.

 

Carabuña (Redondela)

 

Cara de cartón (Sta. Mariña-Redondela)

 

Carajo (Esfarrapada-Redondela)

 

Carallán (Sta. Mariña-Redondela)

 

Carallo, os do (Esfarrapada-Redondela)

 

Cara negra (Vigo/Redondela): Por ser moreno.

 

Carballo, do (Redondela): Refírese ao lugar, actual rúa Carballo.

 

Carbonera (Redondela)

 

Carbonero (Redondela)

 

Carbonilla (Vigo/Redondela)

 

Caré (Redondela)

 

Carecas, as (O Muro-Vilavella)

 

Carepa (Esfarrapada-Redondela)

 

Careto, Manolo (Redondela): Por ser feo.

 

Carieca, Pepiño (Redondela)

 

Cariña de vello (Redondela): De neno a súa cara semellaba a dun vello.

 

Cariñoso, Carlitos el (Vigo/Vilavella-Redondela)

 

Carita de bueno (Redondela): Por ter cara de boa persoa e fastidiar a xente por detrás.

 

Carmen Miranda (Redondela)

 

Carniza (Redondela)

 

Carracha (Redondela)

 

Carranco (Ribeira-Redondela): Por ter mal humor

 

Carrapucho (Redondela) (S. XIX)

 

Carrascal (Redondela) (S. XIX)

 

Carrascala (Esfarrapada-Redondela)

 

Carreira (Redondela): Era o segundo apelido do seu pai.

 

Carrionas, as (Redondela)

 

Carrito (Redondela)

 

Carroucha (Redondela)

 

Carteiro, Manolo o (Redondela): Profesión.

 

Cartera, la (Redondela): Porque votaba as cartas, era adiviña.

 

Caruel (Redondela): Porque de moi neno cando lle preguntaban o seu nome en lugar de Manuel dicía “Caruel”.

 

Caruquiño (Redondela): Chamábanllo de neno porque se burlaba do verdadeiro “Caruquiño”.

 

Casa de la pradera (Redondela): Recibiron o nome da famosa serie de televisión porque era unha familia que sempre ían todos xuntos e vivían nunha chavola no medio dunha finca.

 

Cascallo, Benito (Redondela)

 

Cascorro (Redondela)

 

Castaña (Redondela)

 

Castellana, la (Redondela) (S. XVII)

 

Castellana, La (Redondela)

 

Castillo (Redondela)

 

Castrote (Redondela): Era moi forte e o seu apelido era Castro.

 

Catalán (Redondela)

 

Catalana (Redondela)

 

Catoñas (Redondela)

 

Catuxa, a (Esfarrapada-Redondela)

 

Cavillos (Esfarrapada-Redondela)

 

Cayatas (Redondela)

 

Cazapo (O Muro-Redondela)

 

Cerdeira, as de (R.Campo das Redes-Redondela)

 

Cereiro, Bienvenido o (Redondela): Por facer velas para vender no seu bar-tenda.

 

Cesteira, a (Vilavella)

 

Cesteiro, o (Redondela)

 

Chacula, a (Redondela)

 

Chaíña, Mingos (Redondela)

 

Chaiñas (Redondela):

 

Chale, Jorge (Redondela):

 

Chalo (Redondela)

 

Chamalí (Redondela)

 

Chambón (Redondela)

 

Chamorra, a (Redondela):

 

Chanchitas, as (Redondela): Nadas en Arxentina, de pai redondelán e nai arxentina. Ó vir a vivir á vila, durante as festas da Coca, a alguén lle escapou un globo con forma de porco e elas gritaron: “¡Un chanchito por el aire, un chanchito!”.

 

Chanfainas, as (Esfarrapada-Redondela): Por gustarlles a festa.

 

Chano (Vilavella-Redondela)

 

Chapala (Redondela): Porque de neno se parecía a un xogador de futbol.

 

Chapitelo (Redondela)

 

Chaquetas (Esfarrapada-Redondela): Chamado así porque cando lle regalaban unha chaqueta el a poñía aínda que lle quedara grande. Antes coñecido como Pepe Moco.

 

Charlot (Redondela): Por ser coxo.

 

Charrisco (Redondela)

 

Chasca (Redondela)

 

Chati (Redondela)

 

Chato (Vilavella): Por ter grande o nariz.

 

Chato, o (Gaxate/Redondela)

 

Chatolas (Redondela)

 

Chavero (Redondela)

 

Chavetas, as (Redondela)

 

Chavete (Redondela)

 

Che, Miro (Redondela)

 

Cheiranubes (Redondela)

 

Chelín (Redondela)

 

Chepa, Vero (Redondela)

 

Chepiña (Esfarrapada-Redondela)

 

Chepiña (Vilavella-Redondela)

 

Chepiña, a (Redondela):

 

Chepudiña, a (Redondela)

 

Ches, as (Redondela): Por vivir pouco tempo no Uruguai e non perder nunca o acento.

 

Chevós (Redondela): Foi de vacacións uns días á Arxentina e ó voltar o primeiro que dixo foi: -“Che vos cogeme la maleta”.

 

Chicha (Vilavella): Alcume cariñoso.

 

Chicha (O Muro-Vilavella):

 

Chicha (Redondela)

 

Chichí, Manel (Redondela)

 

Chicola (Redondela)

 

Chicuelo (Sta. Mariña-Redondela): Por ser pequeno.

 

Chicula (Sta. Mariña-Redondela)

 

Chifradeira, a (Redondela) (S. XVII)

 

Chilindraina, o (Redondela):

 

Chilote (Redondela)

 

Chinanga, la (Redondela)

 

Chingarra (O Muro-Vilavella):

 

Chingolo (Redondela)

 

Chinito (Ribeira-Redondela)

 

Chío (Redondela)

 

Chiquilín (Redondela)

 

Chiquiñas, as (Redondela): Por ser fillas de Chico (derivado de Francisco).

 

Chiquiño (Redondela)

 

Chisca (O Muro-Vilavella)

 

Chisco, Rogelio el (Redondela)

 

Chispa (Redondela): Foi dono do bar “La Chispa”.

 

Chispas (Redondela) (S. XIX)

 

Chizo, Rafael (Redondela)

 

Choca, a (Redondela)

 

Choco (Esfarrapada-Redondela)

 

Chocolate (Adro-Redondela): Tiña unha camioneta e pintouna de cor chocolate.

 

Cholas (Esfarrapada-Redondela)

 

Choquita (Esfarrapada-Redondela)

 

Choquitas (Redondela)

 

Choriza, José (Redondela): Porque “chorizaba” os viños (nunca pagaba).

 

Chosca (Redondela): Pola forma dos seus ollos.

 

Chotis (Redondela): Era o nome dunha das bebidas que distribuía, “Schottis”.

 

Choupa (Redondela) (S. XVII)

 

Chuca (Redondela)

 

Chucho (Redondela)

 

Chucos, os (Ourense/Vilavella-Redondela)

 

Chupete (Redondela)

 

Chuqué (Redondela):

 

Churra, la (Redondela)

 

Churrera, Carola a (Redondela)

 

Churrera, Petra la (¿?/Redondela): Era o seu oficio.

 

Churrero (¿?/Redondela): Era o seu oficio.

 

Churriño (Redondela)

 

Churro (Redondela)

 

Churruco (Redondela)

 

Chuti (O Muro-Vilavella)

 

Chuvias (Redondela)

 

Chuza (Redondela) (S. XVII)

 

Ciego, Pepe el (Redondela)

 

Cigueña, la (Redondela)

 

Civila, os da (Eidos-Redondela)

 

Clarete (¿?/Redondela): Por beber moito viño.

 

Clavelillo (Catalán/Redondela): Porque tiña o costume de levar un caravel na solapa.

 

Clavelitos (Redondela)

 

Cochechos (O Muro-Vilavella):

 

Cocheiro, o (Redondela): Era o seu oficio a principios do s. XX.

 

Cocheritos (Redondela)

 

Cocó (Redondela)

 

Cocón (Redondela)

 

Codorno (Redondela)

 

Coello, Manolo (Redondela): Por ter os dentes saídos.

 

Coello, Tino (Redondela)

 

Coja, Rosita la (Redondela): Por ser coxa.

 

Cojo (O Muro-Redondela)

 

Cojo, Domingos Alonso el (Vilavella-Redondela, S. XVII)

 

Cojo, Manolito el (¿?/Redondela): Quedou coxo cando foi golpeado por un tren cando vendía pastillas de café con leite na estación.

 

Colchonera (Esfarrapada-Redondela)

 

Colibrí (Redondela)

 

Collón, Juan (Fornelos/Redondela)

 

Colombo (Redondela): Por usar una gabardina como a do televisivo detective.

 

Comandante Sapo (Vilavella)

 

Conde Azatrú (Redondela)

 

Conecha, Joaquina la (Redondela)

 

Conejito, Ángel (Redondela)

 

Conejo (Redondela)

 

Conelas (O Muro-Vilavella):

 

Conexo, Manolo (Redondela)

 

Conguitos, os (Vilavella-Redondela): Eran dous amigos moi pequenos.

 

Contrata (Redondela)

 

Coquetonas (Redondela): Por ser coquetas

 

Cordera (Redondela)

 

Coreano (Redondela)

 

Coroco (Esfarrapada-Redondela)

 

Corona (Redondela)

 

Corrochano (Redondela)

 

Cortizas (Redondela)

 

Corva, María a (Redondela)

 

Corviño, o (Redondela): Neto do Corvo.

 

Corvo, o (Redondela): Era un home moi serio, alto e delgado que vestía de negro.

 

Cosillas (Redondela)

 

Cositas (Redondela): De pequeno gardaba no bolso tódolos papeliños que atopaba.

 

Costeiras, José (Redondela)

 

Cotarra (Redondela)

 

Cotarro (Redondela)

 

Cotiño, do (Redondela):

 

Cotorra (Redondela): Por falar da xente.

 

Cotrena (Redondela): Porque durante un tempo andaba desaliñado.

 

Coureira, Justa a (Esfarrapada-Redondela)

 

Coxa, Rosa a (Redondela) (S. XIX)

 

Coxo da perrúa (Redondela)

 

Cristobo, o (Redondela)

 

Cristo de limpias (Redondela): Durante a procesión do Cristo empezou a chover e tiveron que gardar a imaxe nunha tasca situada na zona dos Canastros.

 

Cuartel, do (¿?/Redondela): Por vivir no cuartel vello (na esquina da R. Telmo Bernárdez con Eidos).

 

Cuchareta (Esfarrapada-Redondela):

 

Cucherpa (Redondela)

 

Cucón (Redondela)

 

Cu de boi (Redondela): Por ter o cu grande.

 

Cu de lado (Redondela): Por andar moi tesa.

 

Cueva (Redondela)

 

Culico (Redondela)

 

Culo gordo, Fermín (Redondela)

 

Cuqui (Redondela): Por ser fillo de Paco do Monte do Cuco.

 

Currupío, Antonio (Esfarrapada-Redondela)

 

Currutaca (Redondela)

 

Curta (Sta. Mariña-Redondela)

 

Curucha (Redondela)

 

Curuta, Rosiña a (Redondela)

 

Cuspedriños (Redondela)

 

 

 

D

 

 

 

Damediez (Redondela): Porque sempre que vía o seu tío pedíalle dez céntimos de peseta.

 

Demo, o (O Muro-Redondela)

 

Demo (Redondela)

 

Dempsey ou Dansei (Redondela): Polo boxeador Jack Dempsey.

 

Dentuda, a (Redondela):

 

Desenvaina (Redondela): Garda municipal que levaba un sable co que ameazaba ós rapaces.

 

Diarrea (Redondela)

 

Docho (Redondela):

 

Doda (Redondela)

 

Dolorosa (Sta. Mariña-Redondela)

 

Donosti (Redondela)

 

Doña Postal (Cáceres/Redondela): Por maquillarse moito.

 

Douglas (O Muro-Vilavella)

 

Duca (Redondela) (S. XIX)

 

Dula, Carlos (Vilavella): Era o nome da nai.

 

Dulceiras, as (Redondela): Facían pasteis que levaban a cocer ó forno de Ferrucacho.

 

Dulce meneo (Redondela): Polos seus andares.

 

 

 

E

 

 

 

Eidos, dos (Redondela): Nome do lugar.

 

Erguira (Redondela)

 

Escondido (Redondela)

 

Esganadí (Redondela)

 

Espiche (Redondela)

 

Espicho, as (Redondela):

 

Estrella (Redondela)

 

Evtuchenco (¿?/Redondela): Nome dun famoso entrenador ruso de balonmán, puxéronllo a un entrenador da SAR que se chamaba Tucho.

 

 

 

F

 

 

 

Fachadas, Pepe (Redondela)

 

Fallusca (Redondela):

 

Fanchuco, Francisco Míguez (S. XVIII) (Redondela)

 

Faneca (Esfarrapada-Redondela)

 

Faneco, o (Redondela):

 

Fantocha (Adro-Redondela): Por ter coloretes coma os fantoches ou títeres.

 

Farrucacho (Redondela):

 

Faustina, la (Redondela):

 

Faxino, o (O Muro-Vilavella)

 

Fayote (Redondela): Derivado do seu apelido Alfaya. Tamén chamado Pequeñito.

 

Feo, José María o (Castela/Redondela): Por ser pouco agraciado.

 

Ferpello (O Muro-Vilavella)

 

Ferrador, Antonio o (¿?/Redondela): Pola súa profesión. Ferraba ós bois e os cabalos.

 

Ferreiro (Sta. Mariña-Redondela)

 

Ferreiro, Bernardino o (Redondela): Era a súa profesión.

 

Ferretas, as (Sta. Mariña-Redondela)

 

Ferrete (Redondela)

 

Ferroviaria, Gela a (Redondela): O seu marido traballaba no ferrocarril.

 

Ferroviario (Redondela)

 

Fin de semana (Redondela): Por casar en Vigo e vir visitar ós seus pais tódolos fins de semana.

 

Fiuca (Redondela)

 

Flauta, Paco (Redondela): Tocaba a frauta na Banda de Música de Redondela.

 

Florero (Redondela)

 

Fofito, Fernando (Redondela):

 

Folla do medio, a (Redondela): Cando alguén lía o xornal el pedíalle a folla do medio.

 

Follo, Juan Manuel (Redondela)

 

Fontán (Redondela)

 

Fontana, a (Redondela): Porque o seu padrastro apelidábase Fontán.

 

Foquitas (Redondela)

 

Ford, Pepe (Redondela): Por mercar un vello camión marca Ford.

 

Fosquin (Redondela) (S. XVII)

 

Fostca (Redondela)

 

Francés, o (Francia/Vilavella-Redondela): Era francés.

 

Francote (Redondela) (S. XVII)

 

Friaxe (Redondela)

 

Funga (Redondela) (S.XVII)

 

Furón (Vilavella-Redondela): Recollía chatarra e “furaba o que fixese falta para conseguila”.

 

 

 

G

 

 

 

Gadañeira (Redondela)

 

Gaddafi (Xinzo de Lima/Redondela): Xefe dos municipais que semellaba un alto mandatario.

 

Gaitas, Manolo (Redondela): Tocaba a gaita.

 

Gaitas (O Muro-Redondela)

 

Galante (Redondela) (S. XVII)

 

Galleiro ou Jalleiro (Pazos de Borbén/Redondela): Abriu en Redondela un bar con este nome.

 

Galleta (Redondela)

 

Gallina, Geluco (Redondela)

 

Galloto (Amoedo/Reboreda)

 

Galo (Redondela)

 

Ganancia (Redondela)

 

Ganicha (Esfarrapada-Redondela)

 

Garabato (Redondela):

 

Garavilla, a (Redondela): Porque era pequena pero tiña xenio.

 

Garavilla ou Jaravilla, o (Redondela)

 

Garbancito (Redondela): Por ser pequeno.

 

Garín ou Jarín (Redondela):

 

Garrincha (Redondela)

 

Gaseosas, Chinto o das (Redondela): Traballaba nunca ditribuidora de bebidas.

 

Gaseoseras, as (Vilavella-Redondela): O seu pai era o propietario da fábrica de gaseosas “La Esperanza”.

 

Gasolinero (Redondela)

 

Gaspares ou Jaspares (Esfarrapada-Redondela): O seu apelido era Gaspar.

 

Gata ou Jata, a (Redondela): Por ter os ollos claros.

 

Gecho (Redondela)

 

Giador (Redondela)(S. XVII)

 

Gilda (Redondela): Por ser alta e delgada como a protagonista da famosa película.

 

Giña (Redondela)

 

Gisa (Redondela)

 

Goal (Redondela)

 

Gordo, Lolo (Redondela)

 

Gordo, as do (Redondela)

 

Gordos, os (Redondela)

 

Gorecho (¿?/Sta. Mariña-Redondela):

 

Gorello ou Jorello (Redondela)

 

Goreta ou Joreta, Gloria (Redondela)

 

Gorriñas ou Jorriñas (Redondela): Por levar sempre boina.

 

Grapita (Redondela): Contou que cando estivo emigado en Uruguai bebía grapa.

 

Güabanito (Redondela)

 

Guaraní (Redondela): Despois de estar emigrado en Brasil, facía xelados e un refresco que chamou Guaraní.

 

Guau Guau (A Coruña/Redondela): Por ir sempre acompañada dun can.

 

Guello (Vilavella)

 

Guerrilla (Redondela)

 

Guntiñas (Redondela)

 

 

 

H

 

Habaneiro, Narciso (Redondela)

 

Habanera (Canabal-Vilavella)

 

Habanera, Carmiña (Redondela)

 

Habanero, Antonio (Redondela)

 

Habichuela ou Bichuela, a (Vilavella): Mercaba sempre habichuelas (feixóns)á xente que ía a vendelas á feira, para logo revendelas.

 

Herdeiras (Redondela):

 

Herodes (Redondela)

 

Hierro, Fermín (Sta. Mariña-Redondela): Por ser duro como o ferro e ademáis ser ferreiro.

 

Hío (Vigo/Redondela)

 

Hostia (Redondela): Por facer as hostias para os curas.

 

Huesos (Ribeira-Redondela)

 

Hueva, La (Redondela)

 

 

 

I

 

Indio, el (Redondela): Pola forma de levar o seu negocio.

 

Irra, Carmela a (Redondela)

 

 

 

J

 

 

 

Jaitas, o (O Muro-Vilavella):

 

Jallujo (Redondela)

 

Jamaica, os do (Redondela): Por abrir un bar con este nome. Despois alugouno e ó novo rexente do establecemento (e á súa familia) puxéronlle o mesmo apodo.

 

Jamaica (Redondela): Cando naceu un dos seus fillos chegou á súa casaa despois de 4 ou 5 días de festa. Ao preguntarlle de onde viña contestou: “De Jamaica”.

 

Jambló (Redondela)

 

Jaronda (Redondela)

 

Jaxeno (Redondela)

 

Jayujo (Redondela)

 

Jicho, Juan (Redondela):

 

Jincha, Manolo (Esfarrapada-Redondela)

 

Jiso (Redondela)

 

Jode chinchos: Alcume dado ao turismo barato, que come peixe frito en lugar de marisco.

 

Joíño (Redondela)

 

Jordo, as do (Redondela):

 

Jorecho (O Muro-Vilavella):

 

Joriño (Redondela)

 

Jorio (Redondela)

 

Jorjoreo (Redondela)

 

Josma (Redondela): Por padecer asma crónica.

 

Jrandre, María a (Redondela)

 

Juanata (Redondela)

 

Juan de Garay (Redondela): Nome dunha personaxe relevante da época. Puxéronllo por darse moita importancia.

 

Juerto, Juan do (Irlandés/Redondela): Pola dificultade da xente para pronunciar o seu nome, John O’Doherty.

 

Jueva, a (Redondela)

 

Julata (Redondela)

 

 

 

L

 

Labado (Redondela)

 

Laganota (Redondela) (S. XVII)

 

Lagaña, Manolo (Redondela)

 

Lagartiño, o (Mos/Redondela): Coadxuntor do párroco de Redondela que, cando acababa de ler na misa, erguía a cabeza coma un lagarto.

 

Lagoeiro-a (Vilavella)

 

Laite (Redondela)

 

Lambido, Pepe (Redondela): Por ir sempre elegante.

 

Lambido, Mingos o (Redondela)

 

Lambrero, Suso (Redondela)

 

Lamparita, Moncho (Asturias/Redondela): Por ter a cara colorada.

 

Lanchiña (Esfarrapada-Redondela)

 

Landa (Redondela)

 

Landina (Redondela)

 

Lapetra (Vilavella)

 

Larapia (Redondela)

 

Larapio (Redondela)

 

Larchán, Pepe (Esfarrapada-Redondela)

 

Lavadoras (¿?/Redondela): Adicábase a arranxar estes electrodomésticos.

 

Leirón (Redondela):

 

León Gallego, El (Redondela): Alcume futbolístico dado en Cuba a Bernardino Míguez. (Ver Futbol xogadores).

 

Leria (Redondela): Pola súa forma de ser (ter leria).

 

Levita, Pepiño (Redondela)

 

Ley (Redondela)

 

Libera (Redondela)

 

Ligero (Vilavella-Redondela)

 

Lija, Julia la de la (Vigo/Vilavella-Redondela): Dona dunha pequena fábrica de lixas.

 

Lilelas (Redondela) (S. XIX)

 

Lilo (Redondela)

 

Limones (Redondela):

 

Linterna (Vilavella-Redondela): Traballaba como acomodador no cine.

 

Lirí (Esfarrapada-Redondela):

 

Lirio (Redondela)

 

Livita, as de (Redondela)

 

Lixeiro (Redondela): Capataz do ferrocarril cando fixeron as vías, sempre lle estaba a gritar ós operarios: “¡Traballen lixeiro, lixeiro!”.

 

Llan, Joaquín (Redondela): Fillo de Carallán.

 

Llorona, Juanita la (Redondela)

 

Loba, Pepa a (Redondela): Bebía tazóns de leite nos que mollaba o pan duro. Tomábaos moi quentes soprando e quemándose a boca como unha loba papadora.

 

Lobeiras, as (Redondela):

 

Lobico, Joaquín (Redondela)

 

Lobos do caldo, os (Redondela): Sendo nenos, uns amigos foron a buscalos para ir a xogar e saiu o pai ó balcón e díxolles:-Non van que teñen que tomar o caldo.

 

Lo dudo (Redondela): Ameazáronlle con pegarlle e contestou: - Lo dudo.

 

Loreto (Redondela)

 

Loura, a (Redondela): Por ser loira.

 

Loura, a (Redondela)

 

Louro, o (Vigo/Redondela)

 

Lucera (Redondela): Por levantarse ás tres da mañá para ir vender o peixe.

 

Luxemburgo (Vilavella-Redondela): Estivo emigrado nese país.

 

 

 

Segue en Redondela-II

 

 

 

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 28-04-2018

Comentarios: 1
  • #1

    Sady (martes, 08 agosto 2017 19:03)

    Que significa caruquiño en español , podrías explicar mejor la definición? Gracias!