Alcumes Clásicos (nados antes de 1950).

M.

Mañas. Foto: Bodas de Oro, Antonio Ocampo.
Mañas. Foto: Bodas de Oro, Antonio Ocampo.

 

Macana (Trasmañó)

 

Macanas (Cesantes): Por ir a facer macanadas (trastadas).

 

Macarella (Cesantes)

 

Macarelo (Redondela):

 

Macario (Chapela)

 

Macaroxa, a (Redondela):

 

Maceira (Cesantes):

 

Maceo

 

Machaquito (Redondela): Sempre estaba machacando na pedra”.

 

Machaco-a (Chapela)

 

Machiño (Chapela)

 

Macho (Catapeixe-Cesantes)

 

Macoca (Chapela)

 

Macoco (Cesantes):

 

Macoco (Redondela): Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-os-precursores-futbolistas-da.html

 

Macoco, os do (Reboreda)

 

Madera (O Pereiro-Cesantes)

 

Madera (Saxamonde): Camioneiro que transportaba madeira.

 

Madino

 

Madre abadesa

 

Madrileña, la (Cesantes)

 

Madrileña (Redondela)

 

Madrileño (Redondela): Cidade de Orixe.

 

Madrileño, Luis el (Redondela)

 

Maduro, Paco

 

Maesos, os (Cesantes)

 

Maestro (Chapela)

 

Magariñas (Redondela):

 

Majolas (Santamariña-Redondela)

 

Mahoma (O Muro-Vilavella)

 

Maijos (Chapela)

 

Majarexo (Saxamonde)

 

Majolas (Redondela)

 

Mako, o (Negros)

 

O Maquinista. Foto: Arredor de nós. Historia da Policía Municipal.
O Maquinista. Foto: Arredor de nós. Historia da Policía Municipal.

Malagueño, o (Soutoxusto-O Viso)

 

Mala madera

 

Malavista (Tomiño/Esfarrapada-Redondela): Chamado así porque sempre era o primeiro en ver o peixe cando saían a pescar en barco.

 

Maletas, Santiago o das (Vigo/Redondela): Fabricaba maletas.

 

Malucas, os (Cesantes)

 

Mambo (Redondela)

 

Mami (Chapela)

 

Mamita (Redondela)

 

Mana, a (Redondela)

 

Manana (Catapeixe-Cesantes)

 

Manasa, a (Esfarrapada-Redondela)

 

Manca, a (Reboreda):

 

Mancha (Redondela)

 

Manci (Quintela)

 

Manco (Cesantes)

 

Manco de Chapela, o (Chapela)

 

Mandanela, Manuel (O Viso)

 

Maneche (Saxamonde)

 

Manella, a (Cesantes):

 

Manga (Redondela)

 

Mangantes, os (Quintela)

 

Mango, os (O Viso)

 

Mangueira (Vilavella)

 

Mangueiros, os (Cesantes)

 

Mangueta, a

 

Manguinote (A Formiga-Cedeira): Era manco.

 

Manías, Tito (Redondela): Perruqueiro que tiña un tic nervioso que o levaba a virar a cabeza cara a un lado, e igual o facía mentres che cortaba o pelo.

 

Manila (Redondela)

 

Maniño (Redondela): Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-os-precursores-futbolistas-da.html

 

Maniobras

 

Manis (Negros)

 

Manis (¿?/Redondela): Comparábano co protagonista dunha serie policiaca de televisión.

 

Mano (Esfarrapada-Redondela): Irmáns que chamaban un polo outro gritando: ¡Mano! (hermano).

 

Manotes, os (Cesantes)

 

Manquela, os (O Viso)

 

Mansiminito (Redondela)

 

Mantela (Redondela)

 

Mantidos

 

Manuel el portugués (Cesantes): Realmente era portugués pero o seu nome era Joaquim.

 

Manuete (Saxamonde)

 

Manus (Redondela)

 

Manzana, os (O Viso)

 

Marqués. 1970.
Marqués. 1970.

Maña, la (Reboreda)

 

Mañas (Redondela): Por ser fino nos negocios.

 

Mañoso (Vilar)

 

Mañuño (Cesantes)

 

Maquieira (Cesantes)

 

Maquinista (Redondela): Tamén chamado O Pequeno.

 

Marabú (Chapela)

 

Maragato (León/Redondela): Nome dado aos naturais dunha zona de León.

 

 

 

Marana (Redondela)

 

Maranca, a (Ventosela)

 

Maravias (R. Adro-Redondela)

 

Maravillas (Madrid/Vilavella-Redondela): Familia que viu de Madrid e do que se dicía que viñan do mundo do teatro. Puxéronlle o alcume por ser moi correctos e educados no trato.

 

Marchabién (Reboreda): Porque cando lle preguntaban por algo sempre respondía “Marcha bien”.

 

Marcón (Vilavella)

 

Marelo, o (Saxamonde)

 

Mareluda (Cesantes):

 

Margarexo (Chapela)

 

Margarexos (Chapela)

 

Marianela

 

Maricón (Cedeira): Por ser malo, facendo cousas como levantar á muller ás cinco da mañá para traballar no campo.

 

Maricóns, os (Chapela)

 

Marina, da (Cesantes): Topónimo, é un tramo da praia de Cesantes.

 

Marineta (Redondela)

 

Marinete

 

Mariola (Cesantes)

 

Mariolo (Redondela)

 

Mariou, as de (Vilar)

 

Mariposa (Esfarrapada-Redondela)

 

Mariquela, a (Esfarrapada-Redondela)

 

Mariqueta (Ventosela)

 

Mariquiña (Esfarrapada-Redondela)

 

Mariquitas (Cesantes):

 

Marisqueira, a (Mondariz/Cesantes)

 

Marolas, os (Cesantes)

 

Maropa

 

Maropo (Esfarrapada-Redondela)

 

Maroubelas (Esfarrapada-Redondela)

 

Marqués (Reboreda): Dicíase que era fillo do Marqués dos Eidos.

 

Marqués (Quintela)

 

Marqués (Redondela): Por ter o mesmo apelido e a mesma elegancia que o Marqués de Villaverde.

 

Marqués dos Eidos, o (Redondela)

 

Marquesa (Redondela)

 

Marqueses (Quintela)

 

Marquesitas, as (A Coruña-Redondela): Fillas do Marquesito.

 

Marquesito, o (A Coruña-Redondela): Bisneto do primeiro Marqués de Sargadelos.

 

 

Marreasa (Chapela)

 

Marroquí (Redondela)

 

Marrueco (Nespereira/Quintela): Comezou a chamarllo un coñecido para amolalo porque estivera emigrado en Cuba.

 

 

Marsella

 

Martas (Reboreda)

 

Martelo (Chapela)

 

Martillo, o (Vilar)

 

Martinica

 

Martíns, os (Sto. Paio de Abaixo-Reboreda): Neno abandonado na porta de San Martiño Pinario, polo que lle deron o nome de Martín. A un dos seus fillos lle chamou Martín e este a un neto, tradición rota nas xeracións actuais.

 

Martiño (Cesantes)

 

Martuxo (Quintela)

 

Martuxo, o (Reboreda)

 

Marubela (Cesantes)

 

Marulo (Saxamonde)

 

Massó. 1979. Foto: familia D. Docampo.
Massó. 1979. Foto: familia D. Docampo.

Masalen (Vilar)

 

Mascotos (Chapela)

 

Maseu (Redondela)

 

Masojas (Chapela)

 

 

Masona, Lola (Chapela)

 

Masoqueira (Chapela)

 

Massó (Redondela): Cando era neno puxo unha chaqueta e dixeronlle que estaba tan elegante coma Massó.

 

Masuncho

 

Matacristo

 

Matalotes

 

Matamocán, os (Cesantes)

 

Mato, do (Cesantes): Porque a súa casa estaba no medio dun mato.

 

Matón (Redondela): Porque de neno “mataba” xogando ás bolas (era moi bo).

 

Matuleiro (Moscoso/Redondela)

 

Maxeu

 

Mazapáns, as (Redondela): Facían pan.

 

Mazaricos (Cesantes)

 

Mazarocas (Chapela)

 

Mazarocas, os (Cesantes)

 

Mazas (Chapela)

 

McCloud (Cedeira): Por levar sempre un sombreiro vaqueiro coma o protagonista desta serie homónima dos anos 70. (Pronunciado Maclao)

 

Mechero, Luis (Adro-Redondela)

 

Médico dos pobres (Redondela): Cargo que, xunto co de Cirurxián dos Pobres, foi creado en xuño de 1861 polo daquela alcalde Ramón Martínez Saco. Posteriormente, o médico Telmo Bernárdez recibiu este alcume pola atención que dispensaba aos máis necesitados.

 

Medio Peixe (O Viso)

 

 

 

Meiranas ou Meiriñas, os (Cedeira): Eran de Meira.

 

Mejicano, o (Trasmañó)

 

Mejillón, Manolito (Vilavella-Redondela): Propietario dunha fábrica de conservas.

 

Melán (Cesantes)

 

Melchor

 

Melera. Foto: Album Dula Reboredo
Melera. Foto: Album Dula Reboredo

 

Meleiros, os (Cedeira): Elaboraban mel.

 

Melera (Redondela)

 

Melico (Cesantes)

 

Melona, a (Redondela)

 

Me meo (Redondela): Cando ria dicía: -¡Ay, que me meo!

 

Memi (Redondela)

 

Menecha

 

 

 

Menos dies

 

Menos onse

 

Mentirán (A Portela-Cedeira)

 

Merdeiros, os (Cesantes)

 

Merecho (Saxamonde)

 

Merella, a (Redondela):

 

Merello (Redondela)

 

Merengue

 

Merla (Redondela)

 

Merla, a (Chapela)

 

Merlo, o (Cedeira)

 

Merlo, o (Redondela)

 

Merlo, o (Trasmañó)

 

Merlo, o (Ventosela)

 

Mesa, a da (Catapeixe-Cesantes)

 

Mesa de noche (Cedeira)

 

Meu rei

 

Mexa correndo

 

Mexaira

 

Mexeira (Redondela): Porque de neno mexou por el.

 

Mexón, Pepiño (Redondela)

 

Mexona (Cesantes)

 

Micandras

 

Micha (Redondela): Por ser pequena.

 

Michola (Cesantes)

 

Mico

 

Mico, o (Chapela)

 

Mico da Regueira, Juanito

 

Mierda

 

Matón.
Matón.

Migallas (Redondela): Porque comía ata as migallas do prato.

 

Mighaldana, a (Cesantes): Derivado dos nomes dos seus avós Miguel e Ana.

 

 

Mighiña (Cesantes)

 

 

Migueliños, os (Vilar)

 

Miguilla, a

 

Mil homes (Cesantes)

 

Mildeu

 

Milicas

 

Milicón (Reboreda)

 

Milín (Redondela)

 

Militar (Cesantes)

 

Militón (Redondela)

 

Milleira (Pazos de Borbén/Redondela): Adicábase a compra-venta. Vendía millo, logo mercaba peixe e o vendía nas aldeas...

 

Milleira (Esfarrapada-Redondela):

 

Milleira, a (Vilar)

 

Millonaria, a (Cesantes): Unha vez tocoulle a lotería.

 

Milota, a (Cesantes)

 

Mima, a (O Pereiro-Cesantes)

 

Mineira (Redondela)

 

Mineiro (Ponteareas/Redondela)

 

Mineiros (Redondela)

 

Mineiros (Quintela)

 

Minero, os (O Viso)

 

Minina

 

Ministro (Chapela): Cando saía cos amigos subían 6 ou 7 nun Seiscentos. El sempre era máis fino e sentábase no asento do copiloto para ir máis cómodo.

 

Minota

 

Minso (Cesantes)

 

Mintirán, Juan

 

Mintiráns (Reboreda)

 

Minuca (Redondela)

 

Minxo (Cedeira/Reboreda)

 

Alfonso Militón.
Alfonso Militón.

 

Miña roliña (Redondela): Empezou a chamarllo o seu pai cando era pequena.

 

Miñoca, Niní (Redondela): Pola súa forma de xogar ao fútbol, era escorregadizo.

 

Miñoteiros (O Viso): Alcume que reciben os habitantes do Viso. (Ver tamén Carrasqueiros)

 

Miquetas, as (Redondela)

 

Miquetes

 

Miraflores (Quintela)

 

Mirandolas, Paco (Redondela): Estando na barbería lendo o Faro de Vigo aos presentes, en vez de ler "Franco mirando las Tropas", leu "Franco mirandolas

 

Tropas".

 

 

Mira Pernas (Cesantes)

 

Mirinda (Cesantes): Xogo de palabras entre a marca de refrescos e o seu nome, Hermilinda.

 

Miríngolas, Paquito (Redondela): Tamén chamado Cabrito.

 

 

Mirón (Redondela): Fai referencia ao lugar de procedencia, Mirón no concello de Pontecaldelas. Logo as boas linguas dicían que “era por ter bo ollo para os negocios” e as malas que era “por andar a ver a quen podía fastidiar nos negocios”.

 

Miscolillas, Juan

 

Misculillas, Fin (Vilavella-Redondela): Era delgado.

 

Miserias (Chapela)

 

Mis globos (Portela-Cedeira): Comezoullo a chamar o seu marido para referirse ao tamaño dos seus peitos.

 

Miso, Sito (Redondela)

 

Mis ojos (Cedeira): Presumía de ter os ollos bonitos.

 

Miss bandullo (Trasmañó)

 

Misteira, a

 

Mistol (¿?/Redondela)

 

Mita (Catapeixe-Cesantes)

 

Mixiña (Cesantes)

 

Miríngolas.
Miríngolas.

 

Moca, a (Saxamonde)

 

Moca, o (Ventosela)

 

Mochas (Chapela)

 

Mocheras (Chapela)

 

Moco, o (Teis/Chapela)

 

Moco, Fonso (Cesantes)

 

Moco, Mingos (Redondela): Porque de neno comíase os mocos

 

Moco, Paco (Redondela)

 

Moco, Pepe (Esfarrapada-Redondela)

 

Moco, Tonio (Redondela)

 

Modestillo, de (Vilar)

 

Mójenes (Redondela)

 

 

 

Mojica (Redondela)

 

Mojines, Paco (Redondela):

 

Mojinos

 

Molania

 

Molazas

 

Moletes, os (Redondela)

 

Molinera, la (Cesantes): Dona do muíño que se atopa xunto a ponte de Esteiro.

 

Molinera (Chapela)

 

Molondro (Redondela)

 

Momboco

 

Mona, Ramona a (Esfarrapada-Redondela)

 

Monanani

 

Moneca (Redondela): De pequena era bonita coma unha moneca.

 

Moneco (Redondela): (Ver “Sónate Moneco”)

 

Monequiño de pao

 

Monera (Chapela)

 

Monero (Esfarrapada-Redondela)

 

Monete (Cedeira)

 

Monifacio

 

Moniña, a (Redondela)

 

José García "Mirón". Foto: Album Sesé
José García "Mirón". Foto: Album Sesé

Monje

 

Mono, os do (Cabanas-Trasmañó)

 

Monoete

 

Monótono

Monta, a

 

 

 

Montañero

 

 

 

Monta os homes, María (Cesantes): Era moi guapa e moi bruta, cando un home lle dicía un piropo ela o insultaba.

 

Monte, os do (Saxamonde): Nome do lugar no que viven.

 

Monte, os do (Vilar)

 

Monte do Cuco, Paco do (Redondela)

 

Montera, la (Redondela)

 

Montjuic (Redondela)

 

Monxa (Esfarrapada-Redondela)

 

Monxa, a (Cesantes): No tempo da fame, cando a xente ía á súa casa para pedirlle pan e outros alimentos ela entregaba a esmola por unha pequena xanela que tiña na porta coma se estivera nun convento de clausura.

 

Monxa, a (Quintela): Estivo nun convento de clausura.

 

Moñoñas (Trasmañó)

 

Moneca. Foto Correo Gallego.
Moneca. Foto Correo Gallego.

 

Moquela (Redondela)

 

Moquete

 

Moquillo

 

Mora (Cesantes)

 

Mora, da (Vilar)

 

Morena (Rande-Cedeira)

 

Morena (A Estación-Cedeira)

 

Morena, a (Cesantes)

 

Morena (Redondela): Por ser moi morena.

 

Morenita

 

Moreno (Redondela): Por ser moi moreno, pero tamén por ser un garda civil agresivo e mala persoa. Tiña a alma negra.

 

Moreno (Cabeiro)

 

Moreno (Cesantes)

 

Moreno, o (Rande-Cedeira)

 

Morito (Redondela)

 

Moro, Pepe (Redondela): Por ser moreno.

 

Moro (Larache/Redondela): Por nacer en Larache cando os seus país estaban alí emigrados.

 

Morocha (Chapela): Por ser moi morena.

 

Morocha (Redondela): " "

 

Morocha (O Viso): " "

 

Morochos, os (Cesantes)

 

Morocos, os (Chapela)

 

Moro da Franqueira

 

Moronda (Redondela)

 

Morriña

 

Morro

 

Morrudo

 

Morto, o (Trasmañó)

 

Moso (Redondela)

 

Mosqueira (Redondela)

 

Mosqueira (A Portela-Cedeira)

 

Mosqueiras, os (Quintela)

Florinda la Morena. 1975. Foto: cedida familia Docampo
Florinda la Morena. 1975. Foto: cedida familia Docampo

Motor

 

Motor de mano (Redondela): Era zapateiro e empregaba unha máquina de manivela.

 

Mouca (Saxamonde)

 

Mouca (Quintela)

 

Mouca, da (Vilar)

 

Moucha (Reboreda)

 

Moucha, os da (Trasmañó)

 

Mouchiña (Sta. Mariña-Redondela)

 

Moucho, o (Reboreda)

 

Mouchos (Negros)

 

Mouco (Saxamonde)

 

Mougás (Redondela)

 

Moura, a (Saxamonde): Tiña unha finca chamada “As Mouras”.

 

Moura, da (Cesantes)

 

Mouta, a

 

Mouxo

 

 

Pepe Moro. 1963. Foto: Arquivo J. Migueles
Pepe Moro. 1963. Foto: Arquivo J. Migueles

Mucho (Reboreda)

 

Mudo-a (Varias parroquias): Persoas xordomudas ou con problemas na fala.

 

Muelles

 

Muiñeira (Redondela): Tiñan un muíño.

 

Muiñeiros (Cedeira): Eran os donos dos muíños do Pardo.

 

Muíño, do (Varias parroquias): Propietario dun muíño.

 

Mujica (Redondela)

 

Muñeco (Cesantes): De pequeno era bonito coma un moneco.

 

Murcia (Redondela): Por nacer nesa cidade.

 

Murria

 

Murrulleira, os (O Viso)

 

Musa

 

Músico, Jaime o (Quintela)

 

Músico, o (Saxamonde): Tocou na Banda de Música de Redondela e en varias orquestras.

 

Músico (O Viso)

 

Mussolini

 

Muxicas

 

Muxo (Cesantes)

 

Texto: J. Migueles

 

Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    Celso Milleiro (viernes, 15 abril 2016 12:56)

    Gostaría moito contactar con familiares das Milleiras da Esfarrapada e do Vilar.

  • #2

    Mucha. (viernes, 18 agosto 2023 17:13)

    Mucha, Ajoriña, Cesantes