5- Pseudónimos xornalísticos

 

Amadis de Gaula / Amaturus / Amateurs (Redondela): Pseudónimos empregados por Amado González Cardama, na súa laboura xornalística nos anos 50-70 como corresponsal para Redondela dos xornais vigueses El Pueblo Gallego e La Noche.

 

Amarivi: Abreviatura de Amado Ricón Viruleg, empregada por este en El Pueblo Gallego (Vigo) nos anos 50.

 

J. Amoiro: Empregado no especial das festas da Coca de 1950 de El Pueblo Gallego. Probablemente fora Juan Amoedo Seoane.

 

Ante eo (Redondela): Abreviatura de Antonio Extremadouro. O empregaba como pseudónimo o que era redactor de El Soplete e Tramancazos.

 

A. R.: Escribe no especial festas da Coca de La Noche, en 1966.

 

Arierep, o (Soutomaior): Pseudónimo de Antonio Orellana en La Opinión (Redondela).

 

Armando Gresca: En El Soplete en 1931.

 

Asol: Baixo este nome realízase unha entrevista en 1966 en El Pueblo Gallego (Vigo), ¿Antonio Soler?

 

Azatrú (Redondela): Apelido ao revés de Eugenio Lueiro Urtaza, co que firmaba as súas crónicas de Redondela en Hoja Oficial del Lunes (Vigo) nos anos 60. Amado González Cardama refírese a el nalgún artigo como Conde Azatrú.

 

B. P. S.: Buenhijo Pérez Sobrino, nun especial das Festas da Coca de 1949 en El Pueblo Gallego.

 

B. Calderón: Escribiu en La Opinión (Redondela) a principios do s. XX.

 

Bel: Nalgúns artigos de La Integridad, de Tui, a principios dos anos 20.

 

Blanal (Redondela): Abreviatura dos apelidos de José María Blanco Alfaya, quen o empregaba como pseudónimo no xornal El Soplete (Redondela).

 

C. S.: Castro Sampedro y Folgar. Arqueólogo e investigador soía firmar os seu traballos e artigos coas iniciais “C. S.”, cun anónimo “X.” ou co xenérico “Sociedad Arqueológica de Pontevedra”.

 

Cansarcepos: Pseudónimo do correspondente en Redondela do xornal de Vilagarcía Arosa Sportiva, que comezou a publicarse en abril de 1920.

 

Cantiño: En Tramancazos.

 

Choco: En Tramancazos.

 

Choqueiro, un: Nos anos 20 redactaba as crónicas de futbol en Redondela no Galicia Sportiva.

 

Chopi: Escribe alguna crónica deportiva en El Soplete.

 

Clarofilo: Adica unha poesía á Coca na páxina adicada ás festas en 1934 en El Pueblo Gallego.

 

Conde Alvedosa: Pseudónimo do autor das obras teatrais representadas polo Cuadro Vocacional de Redondela, de Bos Aires.

 

O Demo D’ostras: En Tramancazos.

 

E. L. U.: Eugenio Lueiro Urtaza. Firmou deste xeito algunha crónica en La Noche.

 

E. M. D.: No especial das Festas da Coca de 1935 en El Pueblo Gallego.

 

Eso: En El Soplete en 1931.

 

F. P.: Firma en La Idea, no 1910.

 

Flecha: En Ecos del distrito.

 

Furungallas: Escribia a súa propia sección no xornal La Idea de Redondela, cara a 1909 e 1910.

 

Goal: Manuel García Cabezas firmaba así as súas crónicas deportivas en El Soplete (Redondela).

 

I. Q.: Iniciais coas que Isidoro Queimaliños Queimaliños firmaba os seus artigos en El Áncora (Vigo) a finais do s. XIX.

 

J. C.: Firma un artigo en El Progreso, de Pontevedra, no que denuncia os intentos do cacique Claudio Contreras por anular os resultados das elección municipais, nas que o seu irmán Ricardo foi derrotado.

 

J. U.: Diríxese en 1836 ao xornal La Revista Española, de Madrid, para amosar o seu malestar pola decisión do Governo de afastar do seu cargo a Francisco Pantoja, xuíz de Redondela.

 

José de Rande: Con este pseudónimo fírmase en 1920 un artigo en La Integridad, de Tui, no que se critica a candidatura de Luis de Zulueta para deputado por Redondela.

 

Juan Pueblo: En 1918 escribe varios artigos en El Progreso, de Pontevedra denunciando as manobras caciquís da época. ¿Será Juan Amoedo Seoane?

 

Juan Verdades: En 1916 escribe contra o caciquismo de Redondela en El Progreso, de Pontevedra. ¿Será Juan Amoedo Seoane?

 

Lumasa: No especial das festas da Coca 1981 do Faro de Vigo.

 

M. A.: Miguel A. Álvarez, corresponsal de La Voz de Galicia dende 1986.

 

M. M.: Escribía en 1923 en Galicia diario de Vigo.

 

M. M. I.: Firma en artigo en La Libertad en 1906.

 

M. P. V.: Manel Paz Varela. Presidente da Asociación de médicos do Partido de Redondela, colabora con El Pueblo Gallego, de Vigo, nos anos 20.

 

Mexete: En Tramancazos.

 

Nes: En La Opinión (Redondela).

 

Offside: En inglés fora de xogo. Heliodoro Rivas Rivas. Escribía as crónicas futbolísticas do Redondela F. C. en El Pueblo Gallego (Vigo) e en La Opinión (Redondela).

 

Olgile: Abreviatura de Olimpo Giráldez Lera.

 

Quin-tin: En Terra!, 1933.

 

Paquito do Confurco: Escribía en El Noticiero de Vigo alá polo ano 1913.

 

Paseiro: Rafael Vázquez Paseiro corresponsal de El Pueblo Gallego (Vigo), alá polos anos 50.

 

Ramírez (Redondela): Pseudónimo empregado por Manuel Cacheiro Cardama en La Idea (Redondela).

 

Redondelano, Un: Alcume empregado en varias ocasións. Unha delas no especial Festas da Coca de 1950, de El Pueblo Gallego.

 

Sol de Oro: No especial das Festas da Coca de 1935 en El Pueblo Gallego.

 

Vieina: Corresponsal en Redondela de La Época (Madrid) en 1901.

 

Vital Aza: En 1888 escribe en El Gallego a poesía "Despedida en Redondela".

 

Yayo (Redondela): Pseudónimo de Santiago Bujones Lage, colaborador nas crónicas deportivas de Redondela en El Pueblo Gallego (Vigo), falecido en 1967.

 

X. Y. Z.: Entrevista ao alcalde no especial festas da Coca de La Noche de 1964.

 

Xan da Vila: Corresponsal de La Voz de Galicia cara a 1980.

 

Xan das Patacas: En La Idea.

 

Xan dos Zocos: En Tramancazos.

 

Zedlarin: Madrileño de nacemento, estrease como corresponsal de Redondela en “El Noticiero de Vigo” o 17-07-1913.

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001.

 

Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.

 

Xornais locais: Tramancazos, El Soplete, La Opinión, La Idea, Ecos del distrito

 

La Voz de Galicia

 

Faro de Vigo

 

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => La Revista Española (Madrid), La Época (Madrid), El Liberal, El Imparcial

 

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>El Pueblo Gallego, Galicia, El Progreso, El noticiero de Vigo, La Integridad, El Áncora, Hoja Oficial del Lunes, El Gallego, La Noche, La Libertad.

 

Patrimonio Villagarcía. http://www.patrimoniovilagarcia.com

 

 

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 08-05-2018

Escribir comentario

Comentarios: 0