Abd-El-Krim (Redondela)

O Motivo.

    Recibe este alcume polo seu mal xenio.

 

A Persoa.

Fermín Docampo Araujo. Nado o 17-01-1842 e falecido o 07-12-1933. Patrón de barco e dono dun forno de pan na rúa Isidoro Queimaliños.

 

O auténtico Abd-El-Krim.
O auténtico Abd-El-Krim.

A Personaxe.

 Abd-el-Krim o Abd-al-Krim. Dirixente da resistencia contra a dominación colonial española no norte de Marrocos (Tafersit, 1882 - El Cairo, 1963). Pertencente á tribu rifeña de Beni Urriaguel, era fillo dun cadí; tras recibir unha educación en Túnez e Fez, serviu á administración colonial española en diversos postos.

As súas primeiras actividades contra a penetración colonial levaronno ó cárcere en 1915. Pero foi no 1921, convertido xa no máximo dirixente anticolonial de Marrocos, cando organizou a sublevación xeneral do Rif; as tropas españolas, derrotadas en Annual, tiveron que repregarse, mentres Abd-el-Krim erixíase en emir dun territorio independente.

Ó extender as súas ambicións á parte de Marrocos baixo dominio francés, provocou o entendimento contra el entre as dúas metrópoles europeas. A contraofensiva hispano-francesa, a partires do desembarco de Alhucemas (1925), levou á derrota dos rifeños en 1926. A piques de cair en mans dos españois, entregouse ós franceses tras executar a tódolos prisioneiros de aquela nacionalidade; este derradeiro acto de guerra non fixo senon acrecentar a imaxe de Abd-el-Krim como home cruel e sanguinolento, imaxe baseada nas formas de loita propias das tribus rifeñas, pero exaserada en España polo  odio ó enemigo.

 Abd-el-Krim exiliouse na illa francesa de Reunión dende ese ano, ata 1947, que  se lle concedeu permiso para residir no sur de Francia. Fuxiu do barco que o levaba a Francia e, tras aceptar unha oferta de protección do rei de Exipto, residiu nese país. Despois de 1948 convirtiuse en líder da oposición nacionalista norteafricana ó mandato europeo.

 

 

Voltar