Baldeiro, o (Redondela)

A Persoa.

      Na 1ª metade do s. XX, traballaba nunha ebanistería con Pesquerello na actual rúa Juan Manuel Pereira.

Belgas, as (Redondela)

O Motivo.

Irmás que “traballaban coma belgas” (traballaban moito).

 

A Anécdota.

      Nunha ocasión unha delas, voltando de vender na feira de Pontecaldelas, púxose de parto. O autobús tivo que deterse, trasladárona á casa máis cercana, e alí deu a luz.  

 

Berete (Trasmañó)

Berete.
Berete.

 

O Motivo.

Por ser mariñeiro.

Curiosidade.

Os veciños da parroquia de Chapela son coñecidos con este mesmo alcume. É tal a identificación das xentes de Chapela con este peixe que no entroido, en lugar de celebrar o enterro da sardiña, fan o enterro do berete.

O Significado.

berete (oc. beret ‘cabra’) s.m. Denominación común a varias especies de peixes escorpeniformes coa cabeza acoirazada e corpo alongado (Trigla cuculus, Trigla gunardus, Trigla hirundo, Trigla lastovitza, Trigla lucerna e Trigla lyra).