Dansei (Redondela)

O Motivo.

Polo boxeador Jack Dempsey.

 

Dansei.
Dansei.

 

A Persoa.

      Ramón Carlos Martínez Míguez. Xogou no Choco. Rexentou un bar na vila durante un corto periodo de tempo, para converterse en garda municipal a principios dos anos 30. Xa no 1952 convértese en vixiante de arbitrios, posto que ocuparía durante 3 anos. Viúvo con 2 fillos, casou en segundas nupcias coa tamén viúva de Barciela, coa que marcharía a vivir á Coruña onde abriría un hostal.

 

Jack Dempsey.
Jack Dempsey.

 

A Personaxe.

      Jack Dempsey. Boxeador nado o 24 de xuño de 1895 en Manassa (Colorado-EEUU). Campeón Mundial dos Pesos Pesados entre 1919 e 1926. Disputou 84 combates, venceu en 62 (51 por k.o.), empatou 9 e perdeu 6.

Acadou o título frente a Jess Willard. Na defensa da coroa destacaron os combates con Georges Carpentier e con Luis Angel Firpo. Perdeu o campionato frente Gene Tunney. Tras tentar recuperalo, foi novamente derrotado por Tunney, ó que o levou á retirarse. Faleceu o 31 de maio de 1983.