Esganadí (Redondela)

A Persoa.

Jaime Esganadí xunto con Manolo Pena e José Darrosa sempre armaban líos. Un día foron a Amoedo cunha cinta métrica e comezaron a facer medicións polas fincas. Os veciños alarmados preguntaron que estaban a facer e eles contestaron que ían a facer unha nova estrada. Os donos dos terreos procuraron entón convencelos de que desviaran a estrada por outro lado invitándoos a viño, comida e o que fixera falta. O timo continuou varios días ata que un os recoñeceu e lle dixo ós afectados que eran uns farsantes de Redondela. Non lles quedou máis remedio que escapar como poideron dos alporizados veciños que os querían matar.

      Noutra ocasión na taberna de Nador convenceron a un coitado de que  levaba os zocos do revés. O pobre do home ó chegar ó cemiterio dos Eidos non podía máis. Ó darse conta da broma voltou correndo ó bar, pero os outros xa marcharan.

      Doutra estenderon o rumor de que Ramón el Habanero morrera. O pobre do home estaba tranquilamente na súa finca, mentres a xente ía dar o pésame á súa casa.