Gadafi (Xinzo de Limia/Redondela)

O Motivo.

Xefe dos municipais que polo seu uniforme semellaba un alto mando do exército.

A Persoa.

      Manuel. Nado en Xinzo de Lima.

 

Gaddafi.
Gaddafi.

 

A Personaxe.

Mu’ammar al-Qaddafi ou Gaddafi. Militar e máximo dirixente libio. Naceu no deserto da cidade de Sirte en Libia o 19 de xuño de 1942, no seo dunha familia beduina. Graduado en Dereito, ingresou no colexio militar organizando a Unión de Militares Libres. Accedeu ó poder en 1969 derrocando o réxime monárquico do Rei Idris.

      A principios dos setenta esixiu a retirada das bases estranxeiras e nacionalizou algunhas empresas petroleiras. Prohibiu o consumo do alcohol, iniciou os plans agrícolas na costa e aumentou os dereitos da muller, desafiando ó Islam tradicional. Estas medidas levaron ó crecimento do nivel de vida da poboación e a que Libia se convirtira na nación africana con maior PIB.

      Víctima de varios intentos de derrocamento por parte de Estados Unidos, o máis grave en 1986, cando un bombardeo acabou coa vida da súa filla adoptiva Jana. Xa nos 90 sofreu varios intentos de asasinato por parte de grupos opositores dentro do seu país.

      Trátase dun líder controvertido que sempre viaxa acompañado dun amplo séquito, no que destaca unha garda persoal formada por 200 mulleres vírxenes.

 

 

Gena (Catapeixe-Cesantes)

Bernardo "Gena".
Bernardo "Gena".

 

A Persoa.

Bernardo Núñez Muíños naceu en xaneiro do ano 1900. Casou con María Estévez Losada, coa que compartía a paixón pola fotografía. Nas súas fotos deixaron constancia da beleza das paisaxes galegas, monumentos, postas de sol..., e como non, da vila de Redondela. Eran pais de José Bernardo Núñez (Colón) destacado nadador do pobo.

 

 

Gilda (Redondela)

O Motivo.

Por ser alta e delgada como a protagonista da famosa película.

A Persoa.

      Traballou toda a vida realizando tareas domésticas.

Cartel da película.
Cartel da película.

 

O Filme.

      Gilda. Rodada en 1946, foi dirixida por Charles Vidor e protagonizada por Rita Hayworth e Glenn Ford. Este drama pasou a historia do cine grazas á mítica  secuencia da canción, o guante sacado con sensualidade e a labazada que Glenn Ford lle da a a Rita Hayworth.

      Argumento. Johnny Farrell, aventureiro que vive de facer trampas no xogo, chega a Bos Aires. Alí convértese no home de confianza do dono dun casino, Ballin Mundson. Un día, este lle presenta a súa dona, Gilda, a mesma muller que o convirtira nun ser cínico e amargado.   

 

Goreta ou Joreta, Gloria a

Gloria a Goreta.
Gloria a Goreta.

 

O Alcume.

      Este alcume foi herdado polas súas fillas.

 

 

 

Voltar