Jaiteiro (Vilar)

O Motivo.

      Por ser gaiteiro.

 

A Persoa.

      Ë un dos primeiros gaiteiros dos que se constancia en Redondela. Varias das súas partituras están no arquivo da Xunta.

 

Curiosidade.

      É tataravó dun dos compoñentes do conxunto Os Quintela, seguindo coa tradición familiar de gaiteiros.

 

Os do Jamaica (Redondela)

Anuncio do Jamaica. 1954.
Anuncio do Jamaica. 1954.

 

O Motivo.

Por abrir un bar con este nome.

O Alcume.

O dono, Francisco Losada, e a súa familia recibiron o alcume. Despois alugouno e ó novo rexente do establecemento (e á súa familia) puxéronlle o mesmo alcume.

 

 

Juan de Garay (Redondela)

Juan de Garay e a súa dona Lurdes.
Juan de Garay e a súa dona Lurdes.

 

O Motivo.

Puxéronllo por darse moita importancia.

 

 

Estatua a Juan de Garay en Buenos Aires.
Estatua a Juan de Garay en Buenos Aires.

 

A Personaxe.

      Juan de Garay (1528-1583). Colonizador español. Explorou o río Paraná e fundou varias cidades como Santa Fe, San Salvador ou Buenos Aires.

 

 

Juan do Juerto (Irlanda/Redondela)

Lápida no cemiterio dos Eidos de John O'Doherty.
Lápida no cemiterio dos Eidos de John O'Doherty.

 

A Persoa.

Chamábase John O´Doherty Browne. Irlandés que chegou a Redondela para combatir ás tropas francesas. Destacou na batalla de Pontesampaio. Despois da reconquista casaría en Redondela onde permaneceu ata a súa morte.