Nadora (Redondela)

 

O Motivo.

Porque as cuncas que servía eran tan grandes que se podía nadar nelas. Outra versión é que abriu o seu bar, coñecido como “A Taberna de Nador”, nos tempos da batalla de Nador, na guerra de Marrocos.

Juana Domínguez.
Juana Domínguez.

 

A Persoa.

      Juana Domínguez Núñez. Propietaria, primeiro na rúa Espíritu Santo e despois na Telmo Bernárdez, de “A Taberna de Nador”. Aberta en 1923 sería centro de sucesos e anécdotas de todo tipo durante os 29 anos que permaneceu aberta. O seu marido era de Pontecaldelas, fillo non recoñecido do cura daquela localidade. Traballaba como canteiro e colaborou na construcción da Escola Graduada Figueroa. Tiveron tres fillos: Xosé, que morreu na fronte do Ebro durante a Guerra Civil; “O Nareno”, que morreu sendo xoven dunha enfermidade; e Carmiña que a axudaba na taberna e estaba casada con “Docho”.

Curiosidades.

      A señora Juana sempre dicía: “A taberna sen xente ben pouco vende”.

      Tiña tan boa comida, que tiña reservadas tódalas mesas tres meses antes da Festa da Coca.

 

Niriñas (Redondela)

A Persoa.

      Cándido Estremadouro. Foi primeiro mecánico e despois reloxeiro. No primeiro oficio non coñecía os nomes das ferramentas e chamábaas cousa, chollo... E como reloxeiro tiña fama de ser malo: “¿Non te funciona o reloxo? Claro, como cho arreglou Niriñas”.

O Alcume.

      Ademaís de ter este alcume a súa nai lle chamaba Color de Cielo Estrellado, e ó seu irmán Bendito Santo, porque era monaguillo.

Estaba casado con María a Negra.

Anécdotas.

      Cando lle preguntaban porque chegaba tarde a traballar respondía: “As galiñas non poñían os ovos e houbo que esperar”.

      Foi a guerra cun autobús de Bienvenido e cando chegou sen el dixo: “¿O autobús? ¡Je!, déronlle un cañonazo polo cu”. Tempo despois trouxeron os restos do autobús que fora bombardeado en Valencia.