Cacá (Redondela)
O Motivo.
¿?
Diego Cacá e Libio levando a Coca.
A Persoa.
José González (Cacá). Tiña catro fillos, Diego (que herdou o alcume), Rogelio el Chisco, Manuel y Fermín. Unha frase popular do señor José era:”Dunha piña caso a Diego, Chisco bota as preguntas, Manuel busca novia... e Fermín vai ós bailes”.
Cagarría (Redondela)

O Motivo.
Por empregar a miudo a expresión “Ti es un cagarría”
A Persoa.
Victoriano Núñez. Dono da taberna Casa Concha na Praza Constitución, famosa pola súa lamprea.
Anécdota.
Un día un grupo de 6 xóvenes de Redondela, 3 deles incorporados ó exército nacional, saíron do seu bar cantando La Internacional. Varias persoas que estaban cerca detivéronos e entregaron á Garda Civil. Só un deles evitou ser enviado ó fronte da Guerra, Alejandro Castro Xaropo, por ser disminuído físico.
Chanchitas, as (Arxentina/Redondela)
As Chanchitas. Anos 60. O Motivo.
Ó vir a vivir á vila, durante as festas da Coca, a alguén lle escapou un globo con forma de porco e elas gritaron: “¡Un chanchito por el aire, un chanchito!”.
As Persoas.
Nadas en Arxentina, de pai redondelán e nai arxentina. A pesares de vivir durante un tempo en Redondela voltaron á Argentina, visitando a vila de cando en vez.
Curiosidade.
Eran irmás do Pibe, chamado así porque, ó vir a Redondela de neno, chamáballe pibes ós seus compañeiros de xogos.
Chichí, Manel (Redondela)
Manel Chichí no centro.A persoa.
Manuel Montero Iglesias. Tipo peculiar da vila. Home coas facultades psíquicas disminuídas, pero de carácter alegre e cariñoso. Era coidado pola súa curmá Juana Montero. Pernoctaba na rúa Cruceiro. Tiña predilección polos puros e cando lle regalaban un desfacíase en reverencias.
Corviño, o (Redondela)
O Corviño e a súa dona. Arxentina anos 60. Foto cedida por G. Loureiro
O Motivo.
Por ser neto de “O Corvo”.
A Persoa.
José Manuel Loureiro Pérez, casouse con Genoveva González Tojeiro (da familia dos Pé de pote) de Cesantes. Emigrou a Arxentina no 1928 deixando en Redondela á súa muller embarazada e cun neno de 5 anos. A reunificación familiar non se faría efectiva ata 1952 na propia Arxentina, país no que José Manuel segue vivindo no 2009.
Corvo, o (Redondela)
Manuel Pérez Rivas "O Corvo". Foto: Cedida por G. Loureiro
O Motivo.
Era un home moi serio, alto e delgado que vestía de negro.
A Persoa.
Manuel Pérez Rivas. Xastre de profesión. En xaneiro de 1892 foi membro da primeira directiva da “Liga de Contribuyentes” como vocal de número. O día 8 de outubro de 1896, o Pleno do Concello acordou que se lle pagara a cantidade presupostada para o pago dos uniformes da Garda Municipal. En outubro de 1897 foi elixido depositario do “Liceo de Artesanos”, que presidía José Fernández Ferreira. En 1898 accedeu accidentalmente ó cargo de alcalde de Redondela que seguiría mantendo ata 1902. Como alcalde participou na Xunta Local de Subscrición Nacional para a Guerra de Cuba, que presidía Bernardino Couñago, e ordeou o pago de nóminas que varios empregados e ex empregados municipais tiñan sen cobrar dende 1891. Voltou a exercer como alcalde en 1909.
O periódico “El Pueblo” aproveitaba a mínima para criticalo duramente, quizais por se tratar do primeiro alcalde que non pertencía á endogámica clase política local. En agosto de 1900 “Por motivo dunha pelexa entre un can propiedade do alcalde, e outro dun forasteiro, produciuse un escándalo na noite do xoves pasado. O alcalde ordenou a detención do forasteiro e revocouna posteriormente, ó indicarlle ó cabo da garda municipal que non existía motivo para tal detención”. Nese mesmo mes asistiu a unha recepción dada por El Rei no pazo provincial, en Pontevedra. Morreu o día 30 de xaneiro de 1914.
Alcumes de Redondela

