Trinchas (Redondela)

Trinchas, modelo de 1936.
Trinchas, modelo de 1936.

O Motivo.

        Porque na mili roubáronlle as "trinchas".

 

 

O Significado.

        Do castelán => trincha (de trinchar) f. Ajustador, colocado por detrás en el lugar de la cintura, en los chalecos, pantalones u otras prendas, para ceñirlos por medio de hebillas o botones.

 

        Neste caso concreto faría referencia ó correaxe do uniforme militar.

Toberal (Redondela)

 

O Motivo.

                Resultado de ler Alberto ó reves.

 

Curiosidade.

                 Chamado Cositas na súa infancia porque gardaba no bolso tódolos papeliños que atopaba.

 

A Persoa.

                Alberto Generoso Becerra Bujones. Nado en Redondela en 1913. Con 20 anos entra como contable na fábrica de camisas José Regojo, onde traballaría ata a súa xubilación en 1978. Nos anos 50  desempeñou, durante 8 anos, o labor de corresponsal de Faro de Vigo. Poeta afeccionado escribiu numerosos poemas que non conseguiu publicar. Tamén deixou na vila numerosas coplas de entroido e dos maios.

                Despois da xubilación adicouse a recopilar alcumes de Redondela, acadando unha lista con 1.711 alcumes que verían a luz anos despois da súa morte no libro Alcuños de Redondela de Francisco X. Sobral.

                Faleceu no ano 2000 na vila que o vira nacer.