Douglas (O Muro-Vilavella)

 

A Persoa.

 Naceu cun pé máis curto que o outro e ademáis era gangoso. O que para outros podería ser unha desgraza para el era unha vantaxe, xa que ninguén se atrevía a pegarlle. Traballou na fábrica de Regojo.

 

O Alcume.

             Era da familia dos Cochechos e dos Pintantes.

 

Anécdotas.

      O Veneno tiña un conflicto polas terras coa nai de Douglas. Este, en venganza, colleu unha pistola enferruxara que atopara cavando na sua veiga, e obligouno a meterse na cuneta que estaba ateigada de auga. Na axuda do pobre Veneno acudiu o Policía Municipal Ferpello. Douglas non se deixou amedrentar e obrigou a Ferpello a meterse tamén na cuneta, o municipal tan só puido dicir:-“Estás jodido estaste a meter coa autoridad.” E Douglas contestoulle: -“Jodidos estades vos que estades na cuneta”. Pouco despois iría a garda civil a casa do delincuente a requerirlle que entregara a arma. -“Hai a tedes, esta toda esferruxada.” Os axentes rian tanto, que nin sequera o detiveron.

      Durante unha tempada Douglas andaba polas rúas cunha machada no cinto. Cando lle preguntaban porqué a levaba, contaba: -“¡Vou rachar ó meu irmán! Eu andaba a entrarlle na bodega por unha xanela pequena para beberlle o viño, máis deuse conta que o barril estaba a valeirarse e deume unha malleira. Eu dicíalle, ¡irmán, non me pegues! E el contestaba, ¡nin irmán nin hostias! ¡Que malleira me deu, que malleira!”  

      Unha vez, sorprenderono tentando entrar nunha casa. Os veciños acoderon co que tiñan á man: fouces, machados..., e, cando atoparon a Douglas subido a unha viña, este dixo: -“¿Que roubar, nin roubar? Eu o que quero é pinar á filla, pero a desgraciada non abre a fiestra”.

      Cando traballaba na Empresa Textil Regojo, decía ás mulleres que pasaran dunha en unha ó baño que lles ía facer un favor. Cando o seu encargado lle reprochou a súa actitude, dixo na súa defensa: -“¿Que queres que faga? Elas métense comigo e eu que son, ¿un home ou un cabalo?”