Veneno (Fortóns-Cedeira)

O Motivo.

      Polo seu mal humor.

 

A Persoa.

      Descoñezo si é un alcume herdado, do que si teño constancia é que recibían o alcume polo menos dous irmáns dun total de catro ou cinco. Estes eran:

Fermín Alonso Montes. Vivía no Muro (Vilavella). Era zapateiro e co tempo chegou a ter unha zapatería na praza Constitución, que pecharía a finais dos setenta. E posible que o alcume llo puxeran a el e pasara ó seu irmán, porque a xente coincide en que tiña un caracter complicado.

 Edelmiro Alonso Montes foi xefe da Garda Municipal, cesando en 1945 por pasar á situación de mutilado.

 

Anécdotas.

      Fermín protagonizou, moi ó seu pesar, unha anécdota con Douglas.

      Peor foi o caso de Edelmiro. Nos anos da posguerra, cando pasaba pola vila unha comitiva da Falanxe todo o pobo tiña que saudar coa man ben estirada. Nunha destas, un grupo de falanxistas ó mirar a Edelmiro saudando, baixaron do coche pensando que os estaban a saudar co puño apretado. Se non chega a ser polos veciños que alarmados lles gritaron que era un mutilado, ese día Edelmiro leva unha tunda. O coitado perdera todos os dedos da man dereita agás o pulgar.